«A obra xornalística de José Gómez de la Cueva (Johan Carballeira)», RODRÍGUEZ PASTORIZA, Francisco (2019)

 

LibrosPeriodismo

Laiovento

José Gómez de la Cueva, que asinaba os seus traballos co pseudónimo Johan Carballeira, foi un dos xornalistas galegos máis valorados durante os anos anteriores á guerra civil. Os seus artigos, reportaxes i entrevistas publicáronse sobre todo en xornais galegos (Faro de Vigo, El Pueblo Gallego) e tamén de ámbito español (Ahora, El Sol, La Voz de Aragón), distribuídos pola Axencia EDIM. Tamén publicou en revistas que se difundían en todo o Estado, como Estampa ou Gaceta de Galicia. Como poeta publicou a súa obra tamén en xornais e revistas, pero non puido levar a cabo o proxecto, anunciado antes da súa morte, de publicar unha escolma co título de Cartafol de poesía. Elixido alcalde de Bueu polo Partido Galeguista en 1936, o seu raballo neste eido transcendeu o ámbito municipal para ocuparse dos problemas das clases traballadoras, fundamentalmente mariñeiros, mediar coas forzas políticas e empresariais as súas condicións de traballo. A guerra civil provocou a súa detención e, despois dun consello de guerra, foi condenado a morte, sentencia que se levou a cabo o 17 de abril de 1937.

A obra xornalística de José Gómez de la Cueva (Johan Carballeira) é unha recompilación comentada e contextualizada da maior parte dos seus traballos publicados nos xornais e nas revistas nas que colaboraba. Aquí están a práctica totalidade dos seus escritos xornalísticos clasificados por bloques temáticos (política, cultura, lingua…), por xéneros xornalísticos e ordenados cronolóxicamente.

+info:
https://www.casadellibro.com/libro-a-obra-xornalistica-de-jose-gomez-de-la-cueva-johan-carballeira/9788484874348/9193181

Deja un comentario

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles. Ver aviso legal y política de cookies